Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) é unha asociación de estudantes da Universidade da Coruña. Tal e como marcan os nosos estatutos, o noso obxectivo é o fomento de actividades culturais e deportivas no ámbito xeográfico da UDC.

Resultados XXXVI Torneo Universitario

O XXXVI Torneo Universitario finalizou o pasado 21 de novembro e proclamouse campión Brais Martínez.

No segundo posto temos a Jaime Arangüena, que tamén quedou como mellor universitario do torneo.

En terceiro posto temos a Ramiro del Valle da Escola Técnica de Xadrez.









Publicado o 10/12/2025

Resultados Torneo de Xadrez no MUNCYT

O pasado 15 de novembro celebrouse a segunda edición do torneo na sala cedida polo MUNCYT da Coruña.

Contamos cun total de 20 participantes e Jorge Rodríguez Guillén conseguiu proclamarse por segundo ano consecutivo campión do torneo con todos os puntos posibles.


1 1 Rodriguez Guillen, Jorge ESP 5,0 15.0 5 16.0 14.0 2090 TDFC
2 3 Lopez Vazquez, Gonzalo ESP 4,0 13.0 4 14.0 13.0 1606 CIDU
3 4 Del Rio Sas, Joaquin ESP 4,0 12.0 4 13.0 12.0 1539 MIRKO
4 20 Sineiro Anido , Luis Miguel ESP 4,0 11.0 4 13.0 11.0 0
5 5 Estrada Romero, Erick Jair ESP 3,0 11.0 3 17.0 14.0 1529 CIDU
6 2 Martinez Ramos, Marcos Javier ESP 3,0 11.0 3 15.0 13.0 1829 BOVEDA
7 6 Rodriguez Collazo, Mar ESP 3,0 9.0 3 14.0 14.0 1478 TDFC
8 15 Garcia Vina, Simon ESP 3,0 9.0 3 13.0 11.0 0 CIDU
9 18 Ramos Fernandez, Pablo ESP 3,0 8.0 3 10.0 9.0 0 CIDU
10 19 Rey Fidalgo, Lucas ESP 3,0 8.0 3 9.0 8.0 0 CIDU
11 7 Gonzalez Contreras, Diego ESP 2,0 8.0 2 13.0 12.0 1454 CIDU
12 9 Abellan Miguel, Jorge ESP 2,0 7.0 2 15.0 14.0 0 CASINO
13 11 Anido Estevez, Fernando ESP 2,0 7.0 2 14.0 14.0 0
14 12 Del Rio Surribas, Jose Antonio ESP 2,0 5.0 2 13.0 12.0 0 MIRKO
15 10 Abellan Miguel, Katia ESP 2,0 5.0 2 12.0 12.0 0 CASINO
16 17 Penedo Gaspar, Diego ESP 2,0 4.0 2 8.0 7.0 0 EXA
17 14 Fernandez Medina, Pablo ESP 1,0 4.0 1 11.0 10.0 0 CIDU
18 8 Insua Scortegagna, Iker ESP 1,0 2.0 1 9.0 9.0 1439 SIGRAS
19 13 Fernandez Carrera, Mateo ESP 1,0 1.0 1 12.0 12.0 0 ETX
20 16 Pan Souto, Martin ESP 0,0 0.0 0 9.0 8.0 0 CIDU

Publicado o 10/12/2025

Resultados Torneo de Outono de Pasapezas

Durante o descanso entre a terceira e a cuarta rolda do Torneo de Promoción, tivo lugar o Campionato Mundial de Pasapezas.

Un total de 9 parellas disputaron as 5 roldas do torneo, tras as que quedou campioa a parella de Marcos Iglesias e Javier Lema.



Publicado o 10/12/2025

Resultados XXIX ANIVERSARIO C.C. ROSALES

En paralelo ao Torneo de Outono do Circuíto de Promoción, disputouse o Torneo polo XXIX Aniversario do CC Rosales de categoría Absoluto.

O vencedor nesta edición foi Moisés Rey.






1 2 Rey Jelusich, Moises ESP 5,0 5 1756 V. BOUZAS
2 3 Aranguena, Jaime ESP 4,0 4 0
3 5 Counago Gonzalez, Jose Manuel ESP 3,0 3 0 EXP
4 1 Lema Cundins, Juan Jose ESP 2,0 2 1848 PPADRON
5 4 Carabias Vicente, Adolfo ESP 1,0 1 0
6 6 Figueroa Lopez, Oscar ESP 0,0 0 0

Publicado o 10/12/2025

Resultado Concurso Microrrelatos

PREGÓN-RESOLUCIÓN 

I CONCURSO DE MICRORRELATOS IRMANDIÑOS 2025

Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 

QUE o xurado do I Certame de Microrrelatos Irmandiños recoñece o mérito dos textos presentados, e agradece a participación xenerosa da comunidade intra e extramuros

QUE a decisión dos premios concedidos a seguir é inapelábel

QUE as persoas que se mencionarán a continuación, pasen a recoller ipso facto as recompensas que no exercicio do seu labor literario lles foron concedidas

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado SÉCULO X(V)XI resultou ser autoría de CARMEN LÓPEZ DE RAMÓN, de Cee.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado A MIÑA LOITA resultou ser autoría de DIANA LOIS PARDO, de Pontevedra.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado O FÍO DA FOUCE resultou ser autoría de IRIA IGLESIAS MOURIÑO, de Santiago de Compostela.

QUE, letras mediante, o xuri e a organización desde Certame teñen a intención de darlle continuidade no futuro e que, por tanto, no futuro agardarmos volver a vernos

Dito foi e dito queda por Alonso II de Fonseca, amo e señor destas terras e magno mecenas das artes.

Publicado o 10/07/2025

Actividades sábado 5

Horario de actividades:

11,00 Presentación na Praza do Concello

11,15 Torneo de Xadrez

16,00 Torneo Online de Xadrez

17,45 Torneos de Carcasonne e 4 en liña

17,55 Fallo do Concurso de Relatos Irmandiños

A programación completa do Asalto en: https://asaltoaocastelo.gal/

Publicado o 04/07/2025

Resume Torneo LOL

O torneo de League of Legends deste ano rematou coa vitoria do equipo Royal Academy, capitaneado por Mario Sánchez, estudante do grao en Ciencias Empresariais, que se impuxo na final a CMamo, liderado por Miguel Faraldo, do grao en Humanidades, Lingua e Filoloxía Inglesa. 

Foi un torneo de dous meses de duración, no que se completou o cupo de equipos e, especialmente nesta edición, destacouse pola creación dunha comunidade activa e un ambiente excelente. Moitas persoas ofrecéronse voluntariamente para comentar, streamear e axudar coa organización, e mesmo se organizaron partidas internas entre a xente do servidor de Discord, o que contribuíu a que se coñecera máis xente e se xerara un bo grupo arredor do torneo.


Info completa: https://docs.google.com/spreadsheets/d/11IdcGKqG9nE8Gnw-BpfuSoPfFPhuIZZy9bwySDs0Crs/edit?gid=1284667501#gid=1284667501







Publicado o 26/06/2025

I Concurso de Microrrelatos Irmandiños

As asociacións CHERINKAS E INCUDE convocan o I Concurso de Microrrelatos Irmandiños no marco do Asalto ao Castelo de 2025.

Animan a todas as persoas con querenza pola narrativa breve a participar no concurso, cuxo tema central terá que ver coa revolta irmandiña. O fin de prazo de inscrición remata o 27 de xuño. As bases do concurso pode consultarse a continuación:

1. Participantes: Aberto a todas as persoas.

2. Temática: Revolta Irmandiña.

3. Extensión: Máximo de 50 palabras.

4. Idioma: Galego.

5. Envío: A través de incude@udc.gal.

6. Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e  noutro documento os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).

7. Prazo: Ata o 27 de xuño de 2025.

8. Premios: Trofeo da asociación para os tres mellores relatos.

9. Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.

10. A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.

11. A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado. 

12. Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.

13. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.

Publicado o 16/06/2025

David Maestro

Publicado o 08/04/2021

UNHA NOVA ACTIVIDADE

Nos últimos anos dende INCUDE temos realizadas varias actividades de maxia no Centro Universitario de Riazor. Un dos membros da nosa directiva era o estudante de socioloxía David Maestro, un mago que ten participado en diversos programas de televisión.

Agora, xa fora da Universidade, vai encargarse da dirección da Escola Universitaria de Maxia de INCUDE, collendo como modelo a escola de xadrez.

A nosa idea é facer festivais, shows e cursos e agardamos poder anunciar as primeiras actividades xa neste mes de marzo.

Publicado o 07/03/2021

Co apoio de:

Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade da Universidade da Coruña Consellería de Política Social e Xuventude Deputación da Coruña Concello da Coruña

Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE)
Asociación de Estudantes da Universidade da Coruña (RAE-UDC nº 2013/001)
CIF G15411648 — Inscrita no rexistro provincial de asociacións co nº 1993-3205-1

Centro Universitario de Riazor
Rúa Almirante Lángara, s/n
15011 A Coruña
incude@udc.es

EstatutosXunta Directiva