Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) é unha asociación de estudantes da Universidade da Coruña. Tal e como marcan os nosos estatutos, o noso obxectivo é o fomento de actividades culturais e deportivas no ámbito xeográfico da UDC.

TORNEO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2026 e máis torneos!

Xa levamos a 3ª edición deste torneo, e con intención de repetir moitos anos máis.

Para a actividade contamos co apoio da nosa entidade matriz, a asociación de estudantes da UDC INCUDE, e realizaremos o torneo na súa sé no Centro Universitario de Riazor. Igualmente agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

O formulario permite tamén inscribirse ás outras probas que imos celebrar proximamente. Anímate!


BASES DO TORNEO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS.

DATA: 
Domingo 17 de maio de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Universitario de Riazor.
Almirante Lángara s.n.

HORARIO:
Presentación: 16,45-16,55
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,15
3ª Rolda: 17,30
4ª Rolda: 17,45
5ª Rolda: 18,00
Entrega de trofeos estimada: 18,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais, salvo que o xogador reclamante teña menos dun minuto.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor our que sexa universitario.
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por tratarse dun torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIÓNS
A participación neste torneo será de 3 euros. 
A data tope para anotarse será o 16 de maio.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Publicado o 03/05/2026

Resultados do Torneo Aniversario do CIDU

 Este pasado venres 1 de maio tivemos o pracer de organizamos un novo torneo en celebración do 32º aniversario do CIDU nas instalacións do Sporting Club Casino.

Na categoría Absoluta o campión foi Antonio López da Escola Técnica de Xadrez, seguido por Esteban Fidalgo.

Na categoría Sub14 o campión foi Xoán Sande xogador do CIDU e no segundo posto tivemos a Nicolás Budino de Compañía de María.

En Sub12, o primeiro posto foi para Xoel Crespo, seguido en segunda posición por Fátima Penedo do Xadrez Culleredo.

Na categoría Sub10, o trofeo de campión foi para Diego Penedo do Xadrez Culleredo e no segundo posto tivemos a Iker Insua de Sigrás.

Finalmente, en Sub8 Pablo Fernández Medina xogador do CIDU conseguiu o primerio posto e Iago Rodríguez membro do Casino.


https://www.chessmanager.com/es-es/tournaments/5501254704955392/results/5

1. Sande Seoane, Xoan                         SUB14
2. Lopez Fernandez, Antonio                 ABSOLUTO
3. Soto Paino, Iago                                 ABSOLUTO
4. Fidalgo Rodriguez, Esteban                 ABSOLUTO
5. Castelo Ramos, Jose Luis                 ABSOLUTO
6. Furelos Dieguez, Pablo                 ABSOLUTO
7. Seoane Alonso, Rafael                 ABSOLUTO
8. Budino Garcia, Nicolas                 SUB14
9. Fernandez Ballon, Pablo                 SUB14
10. Sorbi, Luca                                 ABSOLUTO
11. Esteve Perez, Manuel Fulgencio              ABSOLUTO
12. Gonzalez Contreras, Diego                 SUB14
13. Martinez Fernandez, Marcos                 ABSOLUTO
14. Somoza Vicente, Jesus                 ABSOLUTO
15. De La Pena Lopez, Alejandro Manuel SUB14
16. Lopez Roibal, David                         ABSOLUTO
17. Somoza Vicente, Fernando                 ABSOLUTO
18. De Leon Lopez, Alejandro                        ABSOLUTO
19. Davila Tano, Luca                         SUB14
20. Lopez De Mena, Paloma Maria Del Carmen ABSOLUTO
21. Alvarez Villaronga, Nicolas                 SUB14
22. Lin, Ruowan                                 ABSOLUTO
22.Cambon Trigo, Gonzalo                 ABSOLUTO


https://www.chessmanager.com/es-es/tournaments/6643946189094912/results/5

1. Fernandez Medina, Pablo         SUB8
2. Penedo Gaspar, Diego         SUB10
3. Insua Scortegagna, Iker         SUB10
4. Prado Crespo, Xoel                 SUB12
5. Rodriguez Buckley, Iago         SUB8
6. Martinez Delgado, Daniel         SUB8
7. Vilar Lema, Martin                 SUB10
8. Alvarez Plaza, Adrian                 SUB10
9. Zaera Cabana, Guillermo         SUB10
10. Sanjurjo Crespo, Diego         SUB10
11. Meana Corzon, Esteban         SUB10
12. Penedo Gaspar, Fatima         SUB12
13. Rodriguez Matos, Roque         SUB10
14. Pan Souto, Martin                 SUB10
15. Vazquez Nieto, Brandan         SUB10
16. Castrillon Cayetano, Diego SUB10
17. Carreira Carballido, Aday         SUB10
18. Vidal Martinez, Enzo                SUB10
19. Alvarez Villaronga, Ivan         SUB10
20. Martínez Delgado, Megan        SUB10
21. Kodama, Tairi                         SUB10
22. Cabre Velasco, Marcos         SUB10
23. Gonzalez Sanchez, Alex         SUB10
24. Serantes Veleiro, Javier         SUB10
25. Rubinos Lopez, Gael         SUB8
26. Meana Corzon, Bastian         SUB8
27. Lopez Lopez, Roque                 SUB10
28. Marcos Rodriguez, Alonso SUB8
29. Somoza Fernandez, Fernando SUB8
30. Martinez Lucero, Alan         SUB10
30. Paraje Probaos, Juan Luis        SUB8

Publicado o 03/05/2026

Final con ascenso!

Rolda 7 no CUR
CIDU UDC vs ETX B e CIDU INCUDE vs Irindo.
CIDU UDC gañou 4-0 ese encontro
Este pasado sábado foi a 11ª e derradeira rolda da Liga 2026 e o CIDU UDC confirmou o seu ascenso á 1ª División.

O ascenso matemático conseguírase a anterior rolda no encontro fronte a un dos rivais directos, o Gillán de Malpica. O que nun primeiro momento semellaba un enfrontamento que podía traer complicacións, acabou sendo un triunfo importante (0,5-3,5) que deu o empurrón definitivo ao equipo.

Ao mesmo tempo a derrota do Gillán  supuxo que quedase fóra da carreira polo ascenso, xa que o outro rival directo, o Xiria de Carballo, conseguiría un 4-0 asegurando tamén o ascenso de categoría.

A última rolda contra o Xiria Carballo xa era un mero trámite pois o ascenso estaba asegurado, pero o equipo foi ao encontro con decisión para asegurar o primeiro posto da clasificación e acabar invicto nesta tempada 2026.

Moitas grazas aos xogadores dos 3 equipos do CIDU polo esforzo demostrado estes meses.

Moitas grazas tamén ao Concello da Coruña polas axudas á actividade federada para esta tempada 2026.


Publicado o 27/04/2026

Inscritos Torneo Aniversario 2026

Neste post imos poñer os apuntados no Torneo Aniversario do CIDU de 1 de maio.

Dependendo do número de inscritos, algunhas categorías poden ser unidas.


Actualizado 30/04/2026 23:00


CATEGORÍA ABSOLUTA

Antonio López Fernández

David López Roibal

Gonzalo Cambon Trigo

Jesús Somoza Vicente 

Manuel Fulgencio Esteve Pérez 

Paloma López de Mena

Rafael Seoane Alonso

Ruowan Lin

Fernando Somoza Vicente

Esteban fidalgo Rodríguez

José Luis Castelo

Luca Sorbi

Iago Soto Paíno

Pablo Furelos


CATEGORIA SUB14

Diego González Contreras 

Nicolás Álvarez Villaronga

Nicolás Budiño García 

Pablo Fernández Ballon 

XOÁN SANDE SEOANE

Alejandro de la Peña López



CATEGORIA SUB12

Fátima Penedo Gaspar

Xoel Prado Crespo


CATEGORIA SUB10

Aday Carreira Carballido 

Adrián Álvarez Plaza

Alan Martínez Lucero

Alex González Sánchez 

Brandán Vázquez Nieto

DIEGO CASTRILLÓN CAYETANO 

Diego Penedo Gaspar 

Enzo Vidal Martínez 

Esteban Meana Corzón 

Guillermo Zaera Cabana 

Iván Álvarez Villaronga

Javier Serantes Velero 

Martín Vilar Lema

megan martínez delgado

Roque López López

Roque Rodríguez Matos

Tairi Kodama

Marcos Cabré Velasco

Iker Insua Scortegagna

Diego Sanjurjo Crespo

Martin Pan Souto

Javier Millán Patiño

Aday Carreira Carballido



CATEGORIA SUB8

Alonso Marcos Rodríguez 

Bastian Meana Corzón 

daniel martínez delgado

Gael Rubinos López

J Luis Paraje Probaos 

Pablo Fernández Medina

Fernando Somoza Fernández

Iago Rodriguez Buckley


Publicado o 26/04/2026

Resultado Concurso Microrrelatos

PREGÓN-RESOLUCIÓN 

I CONCURSO DE MICRORRELATOS IRMANDIÑOS 2025

Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 

QUE o xurado do I Certame de Microrrelatos Irmandiños recoñece o mérito dos textos presentados, e agradece a participación xenerosa da comunidade intra e extramuros

QUE a decisión dos premios concedidos a seguir é inapelábel

QUE as persoas que se mencionarán a continuación, pasen a recoller ipso facto as recompensas que no exercicio do seu labor literario lles foron concedidas

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado SÉCULO X(V)XI resultou ser autoría de CARMEN LÓPEZ DE RAMÓN, de Cee.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado A MIÑA LOITA resultou ser autoría de DIANA LOIS PARDO, de Pontevedra.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado O FÍO DA FOUCE resultou ser autoría de IRIA IGLESIAS MOURIÑO, de Santiago de Compostela.

QUE, letras mediante, o xuri e a organización desde Certame teñen a intención de darlle continuidade no futuro e que, por tanto, no futuro agardarmos volver a vernos

Dito foi e dito queda por Alonso II de Fonseca, amo e señor destas terras e magno mecenas das artes.

Publicado o 10/07/2025

Actividades sábado 5

Horario de actividades:

11,00 Presentación na Praza do Concello

11,15 Torneo de Xadrez

16,00 Torneo Online de Xadrez

17,45 Torneos de Carcasonne e 4 en liña

17,55 Fallo do Concurso de Relatos Irmandiños

A programación completa do Asalto en: https://asaltoaocastelo.gal/

Publicado o 04/07/2025

Resume Torneo LOL

O torneo de League of Legends deste ano rematou coa vitoria do equipo Royal Academy, capitaneado por Mario Sánchez, estudante do grao en Ciencias Empresariais, que se impuxo na final a CMamo, liderado por Miguel Faraldo, do grao en Humanidades, Lingua e Filoloxía Inglesa. 

Foi un torneo de dous meses de duración, no que se completou o cupo de equipos e, especialmente nesta edición, destacouse pola creación dunha comunidade activa e un ambiente excelente. Moitas persoas ofrecéronse voluntariamente para comentar, streamear e axudar coa organización, e mesmo se organizaron partidas internas entre a xente do servidor de Discord, o que contribuíu a que se coñecera máis xente e se xerara un bo grupo arredor do torneo.


Info completa: https://docs.google.com/spreadsheets/d/11IdcGKqG9nE8Gnw-BpfuSoPfFPhuIZZy9bwySDs0Crs/edit?gid=1284667501#gid=1284667501







Publicado o 25/06/2025

I Concurso de Microrrelatos Irmandiños

As asociacións CHERINKAS E INCUDE convocan o I Concurso de Microrrelatos Irmandiños no marco do Asalto ao Castelo de 2025.

Animan a todas as persoas con querenza pola narrativa breve a participar no concurso, cuxo tema central terá que ver coa revolta irmandiña. O fin de prazo de inscrición remata o 27 de xuño. As bases do concurso pode consultarse a continuación:

1. Participantes: Aberto a todas as persoas.

2. Temática: Revolta Irmandiña.

3. Extensión: Máximo de 50 palabras.

4. Idioma: Galego.

5. Envío: A través de incude@udc.gal.

6. Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e  noutro documento os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).

7. Prazo: Ata o 27 de xuño de 2025.

8. Premios: Trofeo da asociación para os tres mellores relatos.

9. Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.

10. A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.

11. A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado. 

12. Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.

13. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.

Publicado o 15/06/2025

Co apoio de:

Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade da Universidade da Coruña Consellería de Política Social e Xuventude Deputación da Coruña Concello da Coruña

Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE)
Asociación de Estudantes da Universidade da Coruña (RAE-UDC nº 2013/001)
CIF G15411648 — Inscrita no rexistro provincial de asociacións co nº 1993-3205-1

Centro Universitario de Riazor
Rúa Almirante Lángara, s/n
15011 A Coruña
incude@udc.es

EstatutosXunta Directiva