Os dous torneos do
Campus de Ferrol organizados polo
CIDU e
INCUDE previstos son os de variedade lóstrego no
Centro Comercial Odeón, e repetimos en
Cariño o 11 de xullo, co apoio do Concello. Agardamos contar coa axuda anual da
Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.
BASES DO TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO
DATA:
Sábado 11 de xullo de 2026.
LOCAL DE XOGO:
Paseo marítimo (Cobertizo).
HORARIO:
De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.
A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.
SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.
DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.
XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado.
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías de acordo coa súa idade:
Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2018 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2017 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2015 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2013 e 2012.
Absoluta. Nados en 2011 ou anteriores.
PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Libro e pequeno agasallo para todos os participantes.
Medalla para todos os participantes sub14.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.
COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:
CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Publicado o 16/06/2026
Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER
QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado SÉCULO X(V)XI resultou ser autoría de CARMEN LÓPEZ DE RAMÓN, de Cee.
- Fóra inxustizas! Liberade ao pobo! -berraba Pepa.
- A mamá perdiu a cabesa, pensa que andamos no medio dunha revolta irmandiña do século XV -sinala ao castelo mentres pasea cunha amiga.
As dúas ollan a fortaleza. Salta unha noticia no móbil, «Israel bombardea de novo Palestina».
- Quizais non estea tan confundida…
Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases:
II Concurso de Microrrelatos Irmandiños
Publicado o 14/06/2026
Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER
QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado A MIÑA LOITA resultou ser autoría de DIANA LOIS PARDO, de Pontevedra.
O meu home morreu escravo do señor. O meu fillo, de fame.
Erguín a fouce coas mans sangrantes e a alma ardendo.
Non fun soa: viñeron irmás, vellas e novas.
Xuntas tombamos pedras e medos.
Caeu o castelo. A vinganza soubo a xustiza.
E por fin, tamén nós fixemos historia.
Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases:
II Concurso de Microrrelatos Irmandiños
Publicado o 14/06/2026
Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER
QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado O FÍO DA FOUCE resultou ser autoría de IRIA IGLESIAS MOURIÑO, de Santiago de Compostela.
Das cinzas herdei o silencio dos que calaron, a fouce no meu puño, pesada e fría.
Camiño sen medo, sabendo que o lume non morre, que a historia latexa en cada paso meu.
Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases:
II Concurso de Microrrelatos Irmandiños
Publicado o 14/06/2026
Neste 2026 ademais dos dous torneos do Campus da Coruña e dos dous do Campus de Ferrol imos facer da nosa actividade no Asalto ao Castelo de Vimianzo o outro punto forte desta programación.Para a actividade imos contar co apoio dos organizadores desta espectacular festa do Asalto, da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.
O Torneo de Rápidas que se disputará pola mañá será un dos aspectos dunha programación na que INCUDE promoverá outros concursos de xogos de taboleiro e de microrrelatos.
Pódeste apuntar a través do noso formulario de torneos. De todos os xeitos o mesmo día aceptaremos os novos participantes que se acheguen.
Publicado o 14/06/2026
As asociacións
CHERINKAS E
INCUDE convocan o
II Concurso de Microrrelatos Irmandiños no marco do
Asalto ao Castelo de 2026.
Animan a todas as persoas con querenza pola narrativa breve a participar no concurso, cuxo tema central terá que ver coa revolta irmandiña. O prazo de inscrición remata o 28 de xuño. Bases do concurso:
1. Participantes: Aberto a todas as persoas.
2. Temática: Revolta Irmandiña.
3. Extensión: Máximo de 50 palabras.
4. Idioma: Galego.
6. Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e, noutro documento, os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).
7. Prazo: Ata o 28 de xuño de 2026.
8. A autoría dos certames será orixinal, o que implica non poder facer uso da intelixencia artificial, e inédita.
9. Premios: Agasallo da asociación para os tres mellores relatos.
10. Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.
11. A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.
12. A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado.
13. Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.
14. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
Publicado o 08/06/2026
Tras os torneos do Aniversario do CIDU e do Día das Letras Galegas imos celebrar o torneo do Campus de Ferrol, e deseguido o torneo do Asalto en Vimianzo. Para o Campus de Ferrol imos xa coa nosa cuarta colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXIV Torneo Lóstrego da UDC o sábado 27 de xuño. Igualmente agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.
BASES DO XXXIV UNIVERSITARIO LÓSTREGO - TORNEO ODEÓN.
DATA:
Sábado 27 de xuño de 2026.
LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.
HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.
SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogárase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
DESEMPATES:
1. Bucholz, 2. Bucholz-1, 3. Progresivo, 4. Partidas gañadas, 5. Resultado particular e 6. Partidas xogadas con negras.
XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor.
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.
PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXIV Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.
COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:
Outras actividades próximas:
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 4 de xullo. Ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 11 de xullo. Torneo por categorías.
CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Publicado o 27/05/2026
Este pasado domingo celebramos a 3ª edición do noso Torneo do Día das Letras Galegas no Centro Universitario de Riazor.
O campión do torneo foi o xogador do noso club Gonzalo López. Foi seguido en segundo posto por Ricardo Moreno da Escola Técnica de xadrez. En terceira posición tivemos a Nicolás Budiño do colexio Compañía de María.
https://www.chessmanager.com/es-es/tournaments/6743722557571072/results/5
1. Lopez Vazquez, Gonzalo CIDU 1766 5.0 14.0 14.0 14.0 15.0 0.05 2
2. 1 Moreno Cobos, Ricardo ETX 1589 4.0 14.0 15.0 10.0 13.0 0.0 4 2
3. 2 Budino Garcia, Nicolas Cía de María 1547 4.0 12.0 13.0 8.0 11.0 0.04 3
4. Traveso Neira, Julio ETX 1529 3.0 15.0 17.0 8.0 11.0 0.0 3 1
5. 3 Fernandez Ballon, Pablo XDM 1566 3.0 13.0 15.0 7.0 10.0 0.0 3 2
6. Vilar Lema, Martin Cía de María 3.0 13.0 14.0 7.0 11.0 0.0 3 2
7. 5 Lopez Fernandez, Antonio ETX 1621 3.0 12.0 15.0 9.0 10.0 0.03 2
8. 1 Fernandez Medina, Pablo CIDU 3.0 12.0 14.0 7.0 9.0 0.0 3 2
9. Lin, Ruowan CIDU 1529 3.0 11.0 13.0 6.0 9.0 0.0 3 2
10. 1 Carril Fernandez, Alvaro 1570 3.0 11.0 12.0 6.0 9.0 0.0 3 2
11. 2 Lopez Lopez, Roque Cía de María 3.0 10.0 10.0 4.0 8.0 0.0 3 0
12. 2 Penedo Gaspar, Diego Culleredo 2.0 12.0 12.0 2.0 6.0 0.0 2 1
13. 2 Penedo Gaspar, Fatima Culleredo 2.0 11.0 12.0 3.0 7.0 0.0 2 1
14. 2 Rodriguez Matos, Roque Cía de María 2.0 11.0 12.0 2.0 7.0 0.02 1
15. Vazquez Nieto, Brandan Cía de María 2.0 9.0 10.0 2.0 4.0 0.0 2 0
16. 1 Insua Scortegagna, Iker Sigrás 1534 2.0 9.0 9.0 1.0 3.0 0.0 2 1
17. 1 Garcia Lopez, Luis Cía de María 1.0 11.0 12.0 1.0 4.0 0.0 1 1
18. 2 Garcia Lopez, Alberto Cía de María 1.0 9.0 9.0 0.0 1.0 0.0 1 0
19. 1 Carabias Garcia, Mathie Sada 1.0 8.0 9.0 1.0 2.0 0.0 1 0
20. 1 De Figueroa Santiso, Fins Sada 0.0 12.0 13.0 0.0 0.0 0.0 0 0
21. Andion Fernandez, Jose Manuel CIDU 1608 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0 0
Publicado o 20/05/2026